CRTVG: Begin the beginning...
Parece que pouco a pouco imos volvendo á normalidade, ao estado natural das cousas. O primeiro síntoma noteino hoxe, ao despertar (tarde), e escoitar o señorial son dunha banda de música na Radio Galega... ai! Porque onde estea unha boa banda municipal de nuestra terriña..., entendes???
O segundo foi ese telexornal de la pradera que abre con titulares de política española, ZP vs Rajoy, para logo falarnos do temporal que disque vai vir... Política en GZ, pa que?
O dito, para que volva a maioría natural fai falla recuperar a normalidade mediática que instaurara o Fraguismo... A política faise en Madrid, en Galiza só pasa o tempo...

2 Comments:
E que decir do programe de monodebate "Foro Aberto"???
U-lo "Ben Falado"???
E as series como o "Nip and Tuck"???
E a Caixa Negra??
Por que tanta serie de La Voz Audiovisual, previsibles, estereotipadas e neutras??
A que tipo de xeriátrico vai dirixida esa programación??
O xeriátrico é o pobo galego. E isto forma parte da deconstrución de Galicia. Feijoo e o alumno avantaxado que quere rematar a obra. Galicia, como país, morrerá cando morra o Luar...
Postar um comentário
<< Home