sábado, abril 02, 2005

BEIRAS, BEIRAS, BEIRAS...

Teño un amigo que cando se pon tonto e lle fas saber que se está poñendo tontito, non é capaz de parar e cada cousa que di ou acto que realiza, o único que fai e empeorar o asunto.

Algo así lle pasa a Beiras quen, ou moito me engano e nos engana, ou amosa unha absoluta incapacidade de xestionar unha situación como a actual. Cada declaración só fai empeorar a situación anterior, danándose a el mesmo -e parte do prestixio político que atesoura- e sobre todo e o que é peor ao BNG.

O BNG sae mal parado tanto internamente como externamente. Do segundo teremos mañá boa mostra na Voz de Galicia, do primeiro está por ver. Porque a dialéctica Beiras-UPG, como definitoria do actual BNG, é falsa. O que penso é que Quintana está creando unha terceira vía para renovar ao BNG, creando apoios e correntes que se alonxen do tradicional xeito de funcionar do BNG, monopolizado polos distintos colectivos, en especial pola UPG. A súa proposta de cabezas de lista para as autonómicas é unha clara mostra desto (polo menos polo que se sabe até o momento).


Pd. Perdoade o exceso de frialdade... pero menos mal que morreu hoxe o Papa, a algúns na Voz vailles fastidiar a portada.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet