domingo, abril 10, 2005

VIRAVENTO

Supoño que a análise política depende tamén do estado de ánimo de quen a fai ( ben sendo algo así como a imposíbel loita do científico social por acadar a obxectividade...).

Hoxe vexo con pouco optimismo o futuro político do BNG e tamén o futuro deste país (aínda que, ben sei, unha cousa non implica a outra, ou si, como diría a mona de Rajoy, paradigma de político "gallego").

1ª Evidencia: Conversa con meu curmán, 34 anos, non politizado, do rural, camioneiro, até os "juevos" (ou iso di) de Fraga e do PP. Di, entre outras cousas, "a ver se desta o sacades daí, tamén a verdade que non hai moito onde escoller, porque o "outro" meu pobre". O "outro" de quen non coñece o nome con exactitude é Touriño, por suposto. Eu dígolle que bueno, que Quintana que tal, que non sei que... Pero non, para él o outro é o do PSOE, que nós non "entramos".... Corolario: temos o bipartidismo instalado até na médula e séguese a pensar en clave española. Non hai país (iso sendo 2ª forza no parlamento dende fai 8 anos, cousa que nidios sabe...).

2ª Evidencia: Chego a comer cos meus pais. Na cociña vexo un papel, unha citación para entregar uns documentos na cofradía (de mariscadores). Pregunto: que é esto?: Resposta de meu pai (desafiante, para joderme a min, vaia...): Vannos a dar máis cartos polo Prestige, esto é unha maravilla (faltoulle dicir o de sempre: a ver se vén outro!). É cando me cago en dios e comezo a darme conta que algúns berramos para que outros (incluído meu pai, si, aínda qu e despois taña algún retorno) chupen dos nosos impostos de xeito inmerecido (na ría de Muros-Noia as dúas últimas campañas marisqueiras foron excelentes, algúns nunca tanto gañaron como na campaña "do prestige", verídico).

3ª Evidencia: La Voz de Galicia: ler esa merda é para botarse a chorar. Fraga apelando ao levantamento popular, Fomento pagando diñeiro para dicir que nos poñen o AVE e o que faga falta; o titular da 1ª páxina un manifesto a favor do bipartidismo, en toda regra.

4ª Evidencia: Máis que media Galicia, boa parte dos meus colegas e todos os erasmus de Compostela, pendentes do puto Madrid-Barça. Neste país até os de esquerdas e nacionalistas son do Barça. O de antes, estamos colonizados até a médula...

En fin, a ver se me entra o sono prontiño e remata este puto día.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet