segunda-feira, outubro 25, 2004

US Presidential Election 2004

Que non se diga que non fixen nada por mellora-lo mundo...

As mellores críticas son sempre as que se fan co bo humor.

Bush vs Kerry (Voting Maching)

(o video ten son)



sábado, outubro 23, 2004

A Ría de Muros Noia na Grande Pantalla

En fin, non ía ser todo Política (primeira promesa incumprida).

Hoxe fun ver "La Mala Educación" de Pedro Almodovar: unha caca.

Ben, recoñezo que de cine, máis ben pouco, pero que se lle vai facer -aínda así opino porque me da a gaña.

A verdade é que o Almodovar nunca me gustou, recoñezo que ten estilo propio, e seguro que as súas películas fixeron moito pola liberación sexual, mesmo pola transición á democracia, se queredes. Agora, polo demáis, pouquiña cousa; e nesta película... coño! e que non hai por onde collela. O argumento patético, as escenas resabidas...

Nada que ver coa outra película que triunfa estes días e da que todo o mundo fala (incluído algún insigne
persoeiro de triste figura). "Mar Adentro", claro. As dúas teñen como nexo a ría de Muros-Noia, por certo, aínda que Almodovar lle dera (por que?) por chamarlle Ortigueira á Pontenafonso (aínda que o link é de Outes, o que se ve é a parte pertencente a Noia).

Só a forma de recoller o mundo rural galego da conta do que é coidar os detalles en algo que, digo eu, vén sendo coma un fillo teu: a túa creación. Ben é verdade, e nesto ten razón o
ínclito, que en Mar Adentro non é críbel que a cuñada de R. Sampedro ou mesmo que o seu fillo, se expresen só en español. Esto, para os que realmente sabemos de que vai o conto, quítalle un algo a película. Pero tamén tes a sensación de que o que é unha realidade tristemente patente: a situación sociolingüística galega (e o contraste coa catalana), transmítese á perfección. E acabas disecado, tamén...

En fin, que desta volta non me emocionei (nada chico, nin un asomo de pel de galiña, nada de nada...) vendo a casa (nº 52, pode ser?) que tantas, tantas veces, vin pola ventaniña do Castromil (estando, como estou, a varios milleiros de quilometros de distancia).

Almodovar macho, tómate un bo descanso.




quinta-feira, outubro 14, 2004

A "pinza" que nos esgana

Dinque os Socialistas van agora en serio co Noroeste do Noroeste (antes estaban a enredar, claro... -manda carallo). Mais eu sigo tendo as miñas dúbidas. Levaba tempo esperando declaracións do estilo das que se recollen a continuación, do ínclito e ecléctico Paco Vázquez.
Sempre chegan en épocas pre-eleitorais.
Vén sendo a pinza que nos leva esganando dende fai moito tempo. Yo La Coru y tu la Junta, para que nos habemos de pelexar aquí -en provincias- deixemos a contenda política para onde ten que ser, en España.
Esa pinza da que La Voz de Galicia (agora defensora do xornalismo independente, disque) nunca dou conta. Si que da conta doutras inventadas cando toca martirizar ao demo (véxase BNG en Vigo co asunto Pérez Mariño).

En fin, a ver se chega o día onde Vázquez e Fraga sexan só un mal recordo da nosa historia.


GALICIA.-Francisco Vázquez dice que la continuidad de Fraga la tendrán que decidir "los electores"
MADRID, 14 (EUROPA PRESS)
El alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, dijo hoy que la continuidad de Fraga la tendrán que decidir "los electores". Vázquez aseguró que el presidente de la Xunta de Galicia está "tan fresco como yo" y desveló que siempre le consulta los temas constitucionales porque sigue siendo "el gran profesor de constitucional que fue".
En declaraciones a Punto Radio, Vázquez afirmó sobre la continuidad de Fraga que "lo tendrán que decidir los electores, yo creo que él tiene esa capacidad intelectual".
El alcalde coruñés señaló que lo que ha tenido el presidente gallego es una enfermedad que "podemos tener todos, una gastroenteritis. A partir de ahí habrá que debatir la gestión de Fraga estos años y su proyecto para Galicia, y buscar nosotros un proyecto mejor".
"Fraga está tan fresco como yo. Yo a él le consulto siempre los temas constitucionales porque sigue siendo el gran profesor de constitucional que fue", concluyó.

14-Oct-2004 14:26:00
(EUROPA PRESS GALICIA)
10/14/14-26/04

quarta-feira, outubro 13, 2004

A Terra quere Pobo

Non se pode negar que este home (X.L. Barreiro) coñece o país e que, ademáis, conecta perfectamente con el. Veño de rematar "A Terra quere Pobo" e teño que dicir que me parece un gran libro e, sobre todo, un libro necesario.

Non creo que pase a historia pola súa rigurosidade científica pero si por sintetizar unha visión de Galiza pouco estendida, coa que se pode concordar máis ou menos, pero que -dende o meu punto de vista- é máis necesaria que nunca. Unha visión que calificaría como de liberal e aberta ao mundo, perspectiva que neste tempo e neste país, é nidiamente progresista.

E que ningúen se engane, é un libro -en primeiro lugar- dirixido á sociedade galega, a súa parte máis activa pero con pretensión de chegar á maioría (para o que, por certo, utiliza unha linguaxe e unha conceptualización asumíbel en entendíbel por esa maioría -non coma "outros") . Pero -en segundo lugar e no plano político- vai descaradamente dirixido aos nacionalistas, ao BNG. E o que di, ás veces raiando a provocación, debe ser escoitado e analisado con "open-mind" como din os anglófonos (ou como di un coñecido meu: "escoitado coas orellas, non cos pés").

domingo, outubro 10, 2004

Embaixadas Galegas Xa!

Existe unha solución inmediata e pouco custosa para un eventual problema de intendencia nunha eventual consecución da independencia nacional: As Embaixadas.

De seguro que non repararan niso os benqueridos Independentistas da nosa nazón irredenta. A solución é nin máis nin menos un acordo de uso, en rexime de aluguer, da trastenda das tendas de ZARA que -mellor imposíbel- ocupan as rúas máis céntricas e concorridas das capitais de medio mundo. Quen vería a radiante e recente nazón de Breogán representada ao máis alto nivel. Nada de ter unha sóa embaixada para os tres países Bálticos como os de Terra Ancha, nós ao grande, unha en cada un e se se poñen chulos, dúas: montamos outra en Massimo Dutti.

Así que, compañeiros independentistas bloqueiros e extra-bloqueiros, non estaría mal que vos fórades pasando polo hipódromo ese da Coruña a ver se Amancio se pon pola labor. Que non sexa polas embaixadas, digo eu.

Crónicas de Provincias (1)

Zapatero reconoce que el noroeste necesita un "fuerte desarrollo" y promete su "apoyo"

Zapatero anima a Galicia a aprovechar su apuesta personal por el noroeste


NOTA DE PRENSA. - Ministerio de la Presidencia

El flamante presidente de la nación, en visita oficial a nuestra terriña, quiso dejar patente su apoyo al desarrollo regional de una tierra de tanta riqueza y de tan buena gente como es Galicia.

El presidente aprovechó para disfrutar del famoso "pulpo a la feria", plato insigne de nuestra gastronomía regional, e hizo gala de un excelente humor mientras charlaba con la sorprendida plebe que lo aclamaba al pasar.

Zapatero, que finalizó su visita en La Coruña, animó a Galicia a aprovechar su apuesta personal por el noroeste.

Pd. Difúndase a todos los medios de comunicación regional.

terça-feira, outubro 05, 2004

Aí vai...

Aínda non sei que xeito darlle ao tema este. A aposta intimista non estaría mal, pero con este comezo penso que xa está fodida. O máis seguro é que me decante pola vía da crítica necesaria, ven ao conto por milleiros de razóns que tampouco me apete agora debullar, pero en resumidas contas éme máis doado. Quizais noutra ocasión. En fin, o caso é que xa foi. Mañá verei a ver que tal. Saúdos.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet