segunda-feira, janeiro 08, 2007

AYMERICH


Tertualia en Localia que presenta e non-modera Geluco (por certo, agora Localia volve usar o galego; escoitaríannos??). Debaten Alfonso Rueda (nº 2 do PP), Ismael Rego e Aymerich sobre o de Eta. O primeiro vai de Doberman e non argumenta nada, eso que agora xa non teñen necesidade, o segundo bastante fai con que non se lle note demasiado que o seu partido está desnortado e desconcertado, o terceiro argumenta con dados, con convicións e con intelixencia. Mesmo corrixe a Geluco, que non modera porque seguramente ten moitas soidades,e que "manda huevos" ten a geta de responsabilizar ao PNV da política seguida polo PP e o PSOE coa sinatura do pacto antiterrorista.

Máis alá das "machadas" que de vez en cando solta e que xa mereceron "amonestación" nesta casa, non sei se por carácter ou por calculado interese, hai que recoñecer a Aymerich como un dos mellores "cadros" políticos no BNG e dende logo no grupo parlamentar.

Prescindir dalguén como Aymerich, do voceiro do grupo parlamentar, non creo eu que sexa adecuado. Outra evidencia de que o resultado da asamblea non foi positivo; ogallá me corrixan os tempos que veñen.

By the way: Geluco até na sopa hoxe mesmo co tema de Eta: na RG, en Localia e na TVG.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet