quarta-feira, janeiro 17, 2007

A COPE

Escoito a Cope por casualidade; tertulia nocturna.

Quedo asustado. Creame dúbidas sobre os meus propios prantexamentos: Como pode haber persoas dunha realidade tan próxima que sosteñan puntos de vista tan alonxados aos meus?. Ademáis... se lo creen.

O segundo é pavor... Como pode a ultradereita ter tanta "pegada" nunha sociedade onde a democracia está teoricamente consolidada?...

O terceiro é incredulidade... Como pode haber xente que trague con argumentos tan patéticos, absurdos e infantiles que se resume en que o nacionalismo (periférico) é a raiz de tódolos males e que os que son nacionalistas son parvos, tontos e non saben o que se perden por non querer ser e falar español?
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet