sexta-feira, agosto 29, 2008

TVG: Televisión GOBERNAMENTAL

Pois ao final non haberá eleicións en Outono. Díxoo Touriño e recolleuno a TVG como se dunha mensaxe institucional de máximo calado se tratara. Dubido que fora premeditado pero nos venden a solución dunha polémica por eles creada, tal e como dixo Quintana.

É triste ver a TVG imitando a era Fraga; falando do que todos falaban só cando o goberno, chámese Touriño, o soluciona. Así pasou co Prestige, coas Vacas Tolas,...

En fin, eses son os vimbios cos que hai que facer o cesto... que ninguén se leve a engano.

domingo, agosto 17, 2008

ELEICIÓNS EN OUTONO

Non vai lle ser doado a Touriño argumentar ante a cidadanía, con seriedade, as razóns do adianto eleitoral, máis alá das partidistas do PSOE. As que lanza hoxe na entrevista do noso diario provinciano favorito, accidentalmente pro-sociata, de tan burdas dan a risa; darlle a volta a tortilla facéndonos crer que BNG e PP teñen intereses para non querer que as eleicións se adianten non convence nin aos máis íntimos de Pablo Iglesias.

Por certo, polo menos no eido político, o noso presidenciábel cómelle as papas na cabeza ao do PSOE.

domingo, agosto 10, 2008

I+D+i


I+D+i é o que hai no palco da Panorama, e o outro son caralladas.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet