quarta-feira, julho 26, 2006

PARA QUE MERDA SERVE A UNIÓN EUROPEA?


A UE non calla porque os Estados non queren que calle.

Francia presenta plans de paz para a súa tradicional órbita de influencia... e pon máis unha vez en evidencia á política exterior "común" da UE.

Mentres, nós -con pallas mentais- miramos para o dedo, no canto de mirar para onde este nos sinala.

quarta-feira, julho 19, 2006

VIVA GALIZA?


A ver, ninguén lle pode explicar ao noso Quin que a "populitis" pode ser contraproducente?

É a segunda vez que lle escoito ese "Viva Galiza", a primeira foi na amarga noite eleitoral dos 13 deputados, que tan lonxe fica. A segunda agora, co SMS de felicitacións a Oscar Pereiro.

Pois non macho, así non é. Aínda que só sexa por cuestión de marketing, agora que tan profisionalizados estamos (falta facía, eh!), os vivas a Galiza, así: a secas, non quedan ben. Sonan a chauvinistas e nós, nesta casa, creo que nunca o fomos. Se acaso algúns, que teñen ideoloxías nas que non cren, e non teñen onde agarrarse.

De verdade, iso quédalle moi ben a Manolo Escobar, a Paco Vázquez, a Rajoy, a Bono e a todos eses. Pero eu por aí non paso, por moita "moderación" e moita "profisionalización" que defenda.

O peor é ese mal sabor de boca que che queda, cando non sabes se o di por erro ou porque realmente o pensa.

segunda-feira, julho 17, 2006

VARIOS (e van...)

- MUNDO VERBENA: Ben, ¿non?. Unha mixtura entre Luar e Somos unha Potenzia moito mellor logrado que calquera dos dous. O rapás este, non o fai nada mal. Xurxo Souto, pai intelectual do tema (semella), sublime coma sempre.

- Revolución-internet: A cantos se vos veu á cabeza o google cando non atopades calquera cousa na casa?

quarta-feira, julho 12, 2006

Aplicámoslle a Lei de Partidos?



HOY lavozdegalicia.es

Zidane se disculpa por su agresión, pero no la lamenta

quarta-feira, julho 05, 2006

CURIOSIDADES


Que dirán os Reyes de España nos enterros?

- Ten que ser...
- Vanse os mellores...
- Estaba no mellor da súa vida...
- Hai que luchar...
- Hai que collelas como veñen...

Ao final é como na miña aldea. Hai que ir... para que che vexan.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet