terça-feira, outubro 25, 2005

A responsabilidade de ser nación

Ao fío do interesante artigo de Camilo en Vieiros, achego algunha reflexión:

1. Non poido estar máis dacordo con que o problema fundamental na Galiza é xustamente o de "facer partícipe desa vontase á maioría da sociedade galega". Este é o gran problema, no tema que nos ocupa, de Galiza na historia contemporánea.

2. Dito esto non estou dacordo nas críticas que aquí se lle fan aos actuais dirixentes do BNG. Dende o meu punto de vista as ferramentas, a linguaxe e os métodos para afondar na conciencia colectiva de país, non poden ser igual aquí que en Euskadi ou en Catalunya. A razón atópase xustamente no exposto no punto anterior.

3. Tampouco considero que, a efectos estratéxicos, a situación do nacionalismo galego en 1997 e en 2001 fose mellor de cara a alcanzar os obxectivos do nacionalismo que a actual. Nin agora, cun 19% de respaldo popular, estamos para botar foguetes nin fai 8 anos, co 25% estabamos para declarar a independencia. As cousas hai que velas na súa xusta medida.

4. Exposto o anterior, creo sinceramente que é necesario que se produza unha reflexión colectiva no seo do BNG que clarifique, explicite, as liñas directrices globais da nosa actuación política. Covén facelo xa pero facelo sendo conscientes da nosa realidade nacional.

Ps. Convería re-reflexionar tamén nos porqués do deficit de debate serio no BNG. Que tal unha primeira impresión: a estructura frontista impide desenvolver un debate profundo que estableza esas liñas directrices xerais de actuación das que falaba porque se poñerían en cuestión os fondamentos ideolóxicos dos partidos, especialmente do partido, que conforman a fronte.

sexta-feira, outubro 21, 2005

ERROS DIVINOS

Ese home cometeu un erro dos de principiante... Sorte que o fixo no noso Granma particular, que "nidios" o le (e que os do PP andan na súa guerra). O efecto ademáis fai feo pois o mesmo día que saes na prensa afirmando que por menos de 100 non pasas, aceptas 30 e adórnalo de "moderada satisfacción".

Uff! Algo fallou nesa máquina perfecta que tantos tentáculos ten. En fin, unha para saber e outra para aprender, digo eu. Bo rolo, eh!!

quarta-feira, outubro 12, 2005

BIEITO RUBIDO


Recollo o seguinte confidencial que explica tantas cousas sobre a liña seguida polo primeiro xornal do país. Será posíbel que na Coruña se xunte todo o facherío?

Tendes un fodido problema nesa cidade, Mike...

(www.galiciadiario.com)

Bieito Rubido, que finaliza contrato próximamente, tiene asegurada su continuidad al frente de "La Voz de Galicia". En contra de lo publicado, en la casa sostienen que Santiago Rey mantiene la confianza en el actual director, al que incluso puede potenciar después de que éste rechazara una oferta para dirigir el diario "ABC".

sexta-feira, outubro 07, 2005

PATÉTICO


Agora premian aos políticos. De Bono pódese esperar calquera cousa, pensei que Moratinos era diferente. PSOE e PP...

Por certo, a ver se cando este deixe de ser alcalde se leva a "L" con el...

quarta-feira, outubro 05, 2005

ECONOMÍA SIMBIÓTICA


Teño un amigo que, agora que abríu a campaña marisqueira na ría do porto de Compostela, compaxina a actividade marisqueira alí coa de consultoría en Compostela.

López Suevos, lúcido e resentido profesor, falounos hai tempo da realidade simbiótica que caracteriza á economía galega dos 60 e dos 70 onde os homes e mulleres combinaban o traballo na terra co da fábrica, e facíanse proletarios sen deixar de ser labregos.

Seica segue habendo traballo simbiótico pero agora de natureza diferente. Os salarios dos moitos licenciados neste feble mercado de traballo non compiten cos 300 € diarios que pode gañar un mariscador (a flote) a principios da campaña.

Pd. Alguén me pode dicir canto tempo levaba o de poñer fotos aí arriba?

KEBABS E CAMBIO POLÍTICO-SOCIAL


No camiño ao piso, dende o sitio turco novo da Rúa Nova de Abaixo, "re-reflexiono" sobre algo que agora traslado a esta casa.

Non é causal, nin casual senón síntoma, o agromar de locais de kebabs en Compostela. Bastantes anos máis tarde que ás capitais e cidades europeas chéganos agora a comida rápida medio-oriental máis coñecida no globlo. A sociedade galega está mudando, chegamos tarde, pero chegamos. Agora os bares do menú de estudiante de 6 € mixturanse ou transfórmanse en comida do mundo. Naquela praziña, perto do Abastos, un francés que chapurrea galego vende comida do mundo. Fai unhas semanas, en conversa tardía, dicía que non comprendía esa carencia de cuisine internacional... Ao igual que o cambio político, estaba aí dende hai tempo, pero non daba chegado.

De nós depende construír a síntese necesaria para seguir estando no mundo...

domingo, outubro 02, 2005

INTERPRETACIÓNS RADICAIS

Nas páxinas dun especial de hoxe domingo da Voz fala da interpretación que os libros de texto das distintas editoriais fan de determinados acontecementos históricos.

Chama(me) a atención un comentario do redactor das reseñas: "Así de radical es el texto del libro de historia de la editorial A Nosa Terra".
Todo iso ao fío deste texto: «A chegada ao poder dos Reis Católicos supuxo para Galicia a perda de protagonismo e de personalidade política, e a confirmación do papel secundario, como simple provincia, que ía xogar a partir de entón [...]». «Galicia quedou privada das súas clases dirixentes e indefensa ante la expansión de Castela [...]».

Así de radical é a opinión deste xornalista de La Voz de Galicia.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet