segunda-feira, abril 27, 2009

CURIOSIDADES


sexta-feira, abril 24, 2009

COUSAS DO BNG







No organizativo:

Seica é máis o que nos une que o que nos separa. Eu tamén o penso. Penso que as diferenzas ideolóxicas da amplísima maioría dos militantes do BNG non dan para o conto da fronte; se acaso para unha coalición... Sen embargo para alg-úns somo tan guais, tan especiais, tan vanguardistas, tan modelnos, que disque non podemos ser como o PSOE, como o PP, como o PNV, como o SNP nin sequera como CiU. Non, nós non, nós temos que ser diferentes. Coma Die Linke, e coma IU.

Nos prantexamentos ideolóxicos, na oferta política:

Seica no tremendo ostiazo que nos deron os galegos ten moito que ver que quixemos atraer a sectores tradicionalmente conservadores con guiños populistas e que, ao final, non só non conseguimos isto senón que creamos graves descontentos en sectores tradicionalmente "nosos". Eu tamén o penso. Penso que é necesario mudar a táctica, non só facer políticas de esquerda socialdemócrata senón dicir que as facemos. Sen embargo para alg-úns hai que mudar, non a tácticas, senón a estratexia. Uns din (agora) máis esquerda e máis nacionalismo para recuperar aos nosos, que disque hai moitos aí fóra e están agardándonos -como ao fillo pródigo. Outros (mellor dito, "outro") din máis esquerda e máis nacionalismo para recuperar aos nosos e conquistar a outros, que disque hai moitos aí fóra e están agardando pola boa nova da nova esquerda. Como IU os primeiros, como Die Linke os segundos.
Os do 3,8% de apoio social os primeiros, os do 8,7% de apoio social os segundos.

domingo, abril 12, 2009

CUSTOU, PERO AO FINAL CONSEGUÍMOLO


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet