sábado, abril 29, 2006

TODO O QUE FAGA O ESTADO PÓDEO FACER EUROPA


Leo con certa ledicia a nova sobre a conferencia dada por Quintana en Suíza. Xa é o momento de ir concretando discurso, sobre todo no eido internacional ou global, deixado a un lado no BNG. Onte mesmo falabamos vellos compañeiros da escasa visión do BNG ao abandonar ese eido na negociación do novo governo; tal e como ben tiña sinalado Camilo. Hai quen sabe moi ben desta necesidade e que seguramente é en parte responsábel da novidade no discurso Quintanista.

Concordo coa maioría do dito, Europa é un mundo de posibilidades; hai tempo que me anda polo maxín unha sentencia, a xeito de eslogan, que podería quedar como aparece no título do post. Para iso é necesario crerse Europa como algo máis que un invento dos mercaderes, como unha construcción interesante e necesaria. Agora que os "puros" xa non son o que eran, agora que están perdidos na voráxine da moqueta, agora tocaría dar a batalla das ideas.

Benvidos sexan os novos tempos, se son certos.

sexta-feira, abril 21, 2006

VOLVÍN AO REGO

Volvín... sen nada solucionado, cunha contractura para a que me deron unha pilulas que me deixan aparvado pero co presentemento, aínda só iso, de que se abre un período positivo. E por iso volvo as miñas teimas, sen fonduras, sen grandes cabilacións.

"Volver ao Rego": o programa que tanto prometia de X.L. Barreiro. Conste que me gustou moito o formato; conste que admiro a finura da análise do devandito, pero o que veño de ver resultoume intragábel. Hoxe tocaba mulleres, política, a máis señas.
1º O feo que quedou ir recibir a presidenta do parlamento mentres que Encarna e a do PP (Mª José Rojo?) esperaban sentadas...
2º O corte para publicidade xusto cando a do PP comezaba a valoración dos dous anos de governo de Zapatero (cando Encarna e Villarino xa o fixeron).

Vamos, que se pasa así con anterioridade xa estariamos falando do patetismo da TVG.
Este non é o camiño....
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet