quarta-feira, setembro 20, 2006

PROFISIONALIZACIÓN TAMÉN NA LINGUAXE

Nese ao que gosto ir tomar un café de cando en vez no camiño do choio, a expresión dun camareiro daba conta da crecente "profesionalización" do sector hosteleiro compostelán.

- Aí vén o meu "viaja...", o meu provedor favorito, soltou o ínclito.

Efectivamente, de sempre os agora "provedores" foron "viajantes" no rural galego e por conseguinte na lingua galega, no seu uso coloquial. Deste xeito mudan as linguas...

EXPERIMENTO

Estou deconxelando un tupperware de callos que levaba 1 ano no conxelador. Estarán bos?

domingo, setembro 17, 2006

Onde dixen digo...

digo Diego.

quinta-feira, setembro 14, 2006

ISTO MÓVESE?

Seica a Guerra das Galaxias estrena novo capítulo... Vaia sorpresa:

1º.- Quen dixo que que a UPG fai do BNG un pandeiro?

2º.- Que alcance real e efectivo ten a proposta da "actual maioría dirixente no BNG" dos delegados?

3º.- Cantos, coma min, saíron das asambleas nacionais co sabor agridoce de non ter contribuído a nada, de non ter escoitado máis que lerias patentadas... ?

En fin, o que se fai cada día máis evidente é a estratexia quintanista. Cunha importantísima salvedade... "a actual maioría dirixente no BNG" marca os ritmos.

Parvo polo carallo.

domingo, setembro 10, 2006

COUSAS

Lendo cousas como isto, ou isto outro (atención aos links de prensa)... preocuparíame que o día 17 fora un éxito a mani do PP.

Mirado polo lado bo, serve para disipar dúbidas.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet