O REI ESPIDO
En relación ao incidente que está a elevar o orgullo patrio até cimas que non se alcanzaban dende fai varios séculos, cando aquelo do imperio onde non se puña o sol, aí van dúas reflexións.
- Que Chavez é unha besta parda que non respeita as formas sábeo todo o mundo e por desgraza súfreno, ou mellor dito, sufrirano aínda máis nos vindeiro anos, en Venezuela.
- Que as empresas españolas, canda a salvaxe vaga privatizadora auspiciada polo FMI, non foron a América Latina precisamente a contribuir ao desenvolvemento económico e ao emprego neses países senón, fundamentalmente, a facer beneficios monopolistas cos medios que fose necesario empregar, sábeo tamén moita xente, e sufrírono e súfreno millóns de Latinoamericanos.
Por todas esas razóns:
a) Que ZP lle pida respeito a Chávez polas súas bravuconadas é correcto.
b) Que o rei de "la madre patria" mande calar a Chavez é poñerse a súa altura, de mala educación.
c) Que o mesmo monarca de antes, se indigne e se levante por escoitar que as empresas multinacionais españolas non son precisamente "hermanitas de la caridad", é dunha hipocresía e dunha chulería inmensa.
Porque todos coincidimos en que conservar as formas é o punto de partida para poder intercambiar opinións e chegar a acordos; pero -unha vez garantidas estas- hai que escoitar os argumentos dos outros, por moito que firan as sensibilidades "Reais", enchoupadas de nostálxico imperialismo, e que aínda teñen predica en grande parte da sociedade española.
Como era aquelo de Castelao dos imperialistas fracasados?