segunda-feira, dezembro 15, 2008

MISERIAS COLECTIVAS


A situación mediática do país resulta desoladora. Para mostra algúns exemplos.


1. O Telexornal da Galega. Se houbo algo que non mudou co novo goberno foron os informativos da TVG. Accidentes de tráfico, outros accidentes, mortes... só ao final flashes da política galega e do que sucede no mundo. Análise cero. Máis parece un informativo local que outra cousa. A pregunta que me fago é se realmente a sociedade é o que demanda da TVG ou se priman os criterios da oferta. Patético, no segundo caso. Moi preocupante do primeiro.


2. Xornal de Galicia. Unha de cal e outra de area. Benvido un novo xornal que lle faga sombre á peste provinciana de La Voz. Sen embargo pobre, bastante pobre, en contidos e formato. Deixando a un lado a preocupante cuestión do idioma, un feito relevante: a sección de internacional ao final, moi ao final... A edición dominical tivo algún guiño interesante pero en xeral a análise fonda (por exemplo en economía) brilou pola súa ausencia. Imposíbel resistir comparacións co xornal progre de Hespaña... De novo a pregunta xurde: febleza da oferta ou insuficiencia de demanda???...


sexta-feira, dezembro 12, 2008

COUSAS




Compostela: a única cidade do mundo onde os punkies levan paraugas (negros).
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet