FEIJOO
Únome a outros amigos opinadores e confirmo o que lle escoite, xa vai unhas semanas, a un primo ao que non lle facía moito caso. Hoxe sae Feijoo en "En noches como esta" o cal quere dicir que hai moito interese en convertilo no candidato do PP nas vindeiras Xerais.
Todo perfectamente traballado:
- Político gallego hecho politicamente en Madrid que regresa a provincias, para entrenarse, para volver a Madrid.
- Político de orígenes humildes, hecho a si mismo.
- Político de convicciones ideológicas fuertes (aparentes).
- Político liberal, que asiste a bodas gays (aínda que está en contra de que se chame "matrimonio").
O problema, e niso tamén me insiste meu primo, é o que imos ter que pagar de prenda os galegos para que o amigo vexa cumpridos os seus sonos. Cando no panfleto compostelán se ventilan titulares deste estilo a cousa debe ser seria. Mentres, o capital financeiro galaico cala, quizais pensando en que con eles non se atreverán. Ou quizais non lles importe tanto, entre provincianos anda o tema.