segunda-feira, outubro 30, 2006

AQUÍ NA EUROPA


Unha visita inesperada recórdame, entre moitas outras cousas de maior fondura, que estamos en Europa.

sexta-feira, outubro 20, 2006

A MIÑA XERACIÓN

Hoxe somos os "mileuristas" pero podíamos ser a "xeración internet", a do acceso masivo á universidade... ou a primeira que vivíu enteiramente en democracia.

Inaugurando a terceira década de vida, pisando forte, somos fillos da postmodernidade á galega... marcados por un contexto absolutamente diferente ao dos nosos pais, con máis oportunidades pero tamén con menos certezas, dubidando entre a síntese e o esquecemento.

Tamén somos a xeración do cambio, da normalidade democrática. Mirando exemplos próximos, pregúntome se seremos quen de facer unha pequena revolución, se seremos abondos, para mirar para atrás, dentro de 30 anos, cunha disimulada pero sinceira sonrisa de satisfacción.

sexta-feira, outubro 13, 2006

MOMENTO FRIKI

Sen dúbida o "neghro de Boney M" xa forma parte do imaxinario colectivo galego. Máis unha vez, no noso homenaxe particular ao frikismo... o ínclito (que xa non lle faltará moito para cobrar a "agraria") obsequiounos cun baile botando mán deses fálicos atributos que se lle presupoñen aos da súa raza... Seguro que botaba de menos ás eternas amas de casas rurais, apalpándolle os pelazos do peito.

quinta-feira, outubro 12, 2006

ZAPPING NA GALEGA

Deberían coidar algún detalliño do Zapping este da Galega, non?...

- O dos vellos no banco é unha copia descontextualizada do de Cruz y Raya. Os vellos na Galiza visten, aínda maioritariamente, boina, negra (e non usan mantas).
- No capítulo de hoxe falaban de "destilar" e de "destiladores". Na miña casa viño o "cañeiro" co seu alambique,...

É que tou tocahuevos, hoxe.

domingo, outubro 08, 2006

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

As sociedades mudan e con elas supoño que o fai a maneira en que as nosas mentes analisan e constrúen a realidade. Para mostra un botón: Quen non procurou mentalmente o google cando non atopaba algún obxecto na casa?

Ps. Repítome, primeiras mostras de Alzheimer?

sexta-feira, outubro 06, 2006

O MAR/A MAR

En galego sempre se dixo "o mar"... cando os mariñeiros galegos falan español, na televisión, din "la mar". Así, eles pensan que en español "correcto" o mar é feminino e os que non son de mar, españoles ou non, pensan que os que máis saben do mar o tratan coma unha muller.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet