quarta-feira, novembro 19, 2008

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO AO SECTOR DO AUTOMÓVIL

Versión 1.
Lugar: Executiva Federal do PSOE
Tempo: Principios de Novembro 2008
Fala: Sectretaria de Economía e Emprego da EF
Compañeros, la situación es crítica, despues de los 400€ tenemos un problema fiscal, el incremento de paro puede elevar el déficit del Estado por encima del 3%. Nuestras autonomías tienen que arrimar el hombro con sus presupuestos...

Versión 2.
Lugar: Executiva "nacional" do PSdG-PSOE.
Tempo: Principios de Novembro de 2008
Fala: Ricardo Varela
Compañeiros, a situación é crítica, o paro no sector da automoción vai alcanzar o seu nivel máis alto xusto na antesala das eleicións ao parlamento galego. Temos que facer algo...

Que lumbreras estos do PSOE...

domingo, novembro 16, 2008

BERBERECHOS, CEBOLAS E A TEORÍA DO VALOR-TRABALLO


Dicía meu tío onte que non entende porque se extrana a xente de que os berberechos vaian baratos. Dicía el que non pode ser que os berberechos valan máis caro que as cebolas pois o traballo que conleva plantar, coidar e recoller estas últimas é moito maior que o que se necesita para extraer os bivalvos. As cousas, sentenciou, deberían valer polo traballo que custa producilas.
Sen sabelo meu tío dou conta da teoría do valor-traballo, enunciada polos autores clásicos vai unha chea de anos e abandonada posteriormente -agás polos Marxistas e algún outro- coa chegada teoría Neoclásica de formación dos prezos. E é que a escaseza relativa por unha banda, e as preferencias subxectivas dos consumidores pola outra, fan que niso que chaman mercado os berberechos vaian máis caros que as cebolas...

Aínda así, a leitura para estos tempos é clara; en liñas xerais o prezo das cousas, agás en casos concretos, non debería alonxarse en demasía do traballo necesario para producilas.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet