sábado, maio 14, 2005

AS "GHAROTAS" DO LUAR

Segunda ou terceira vez que me atopo coas dúas rapazas estas do Luar. As "gharotas" de nome artístico. Flipante combinación de tradición pailana da que eu tamén compartín moito coa modernidade do hip-hop e o rap. Todo iso cunha absoluta irreverencia que lle sacaría as cores ao católico medio que, por sorte, caseque non existe na Galiza, porque a retranca (sexual) sempre puido máis que o puritanismo.

En fin, adiante gharotas, combinación de modernidade e "país" irreverente.

quarta-feira, maio 11, 2005

A PUTA VOZ

En principio non son partidario da intervención pública no funcionamento da empresa privada, a menos que haxa boas razóns para iso. Neste caso hainos. Un dos meus desexos é que, unha vez no goberno galego, ademáis da presidencia nos "toque" a consellería de Cultura. O seguinte sería deportar (si, a Siberia), á actual dirección de La Voz de Galicia.

Supoñamos (un supoñer) que o portavoz municipal do BNG da Coruña, Henrique Tello, dimite como responsábel local ao non ser incluído nas listas e pon a parir ao seu partido (a 1 mes das eleicións). Pregunta: En que lugar aparecería recollida a nova en La Voz de Galicia e canto espacio lle adicarían:

a. En portada (onde se non?) e logo un "a fondo" de 3 páxinas. Suliñando o vendido que está Quin a UPG e loando o traballo incríbel de Tello no concello (bueno, eso en caso de que dimitira de candidato).
b. Na sección de Galicia, a toda páxina, iso si... porque en plena precampaña ten a súa trascendencia.
c. Nunha columniña, porque tampouco é para tanto, total se Tello perdeu o seu pulso, "pacasa e santas pascuas"?

Pois amigas e amigos, como La Voz é un medio de comunicación obxectivo, que trata a tódolos partidos políticos por iguais, onde a profisionalidade e a independencia priman por riba de todo, a resposta correcta é a C. E aos feitos me remito.

sábado, maio 07, 2005

PROVINCIANISMO

"Cidade liberal", "a cidade onde ninguén é forasteiro", "cidade cosmopolita" oín o outro día...
Supoño que xeralizo pero se o alcalde (e as súas iniciativas) é reflexo da cidade, o mellor apelativo é o de "cidade provinciana" ou "cidade casposa"... patético.

Fai falla cambio, e non só no país.

quinta-feira, maio 05, 2005

HAI QUE BOTALOS

Sen o mundo da cultura este país xa tería desaparecido.
Soñemos que outra Galiza é posíbel, a pesares de todo.
Hai que botalos!
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet