sexta-feira, setembro 23, 2005

UNIÓN FENOSA

En realidade, co cambio de donos de Unión Fenosa quedamos máis ou menos como estabamos: producindo unha parte moi importante da enerxía eléctrica do Estado e controlando cero patatero do aparello económico-industrial asociado.

Sobre eso dúas preguntas-reflexións iniciais:

- Se é verdade que existían dúas ofertas galegas de compra das accións a Botín, cada unha co respaldo financeiro dunha das dúas caixas do país, Por que non foron conxuntamente? Non sería lóxico se as caixas teñen entre os seus obxectivos "aportar" ao desenvolvemento económico do país?... No mesmo sentido pero en broma: coño!, tan mal se leva Rosalía Mera co seu ex?

- Actuaría un "dono" galego de xeito diferente ao que vai actuar Florentino? (no referido ao impacto sobre o noso dvto económico)... Se é verdade que o capital non ten patria, ao mellor nin o custe de oportunidade é tan elevado como se puidera pensar.

quarta-feira, setembro 14, 2005

NOVOS TEMPOS NO BNG

Reproduzo aquí un post meu no galiciaconfidencial.

Claro que se están a conformar dous grupos no BNG e, efectivamente, un "gobernamentalista" e o outro é "organicionista". É o único no que concordo coa túa análise.
A túa descrición do primeiro destes grupos é sectaria e mal educada. Non semellas comprender que o perfil dun e do outro son completamente diferentes e as habilidades que se necesitan nos postos de governo son ben diferentes ás que se necesitan de xeito interno. No BNG sobran "fontaneiros" acostumados as liortas internas e fallan políticos de governo. Esa eiva é a que está tratando de corrixir, ao meu ver e seguro que con moitos erros, Quintana.
Habería que pensar en calquera caso de que xeito se sirve mellor ao País e ao noso futuro colectivo. Eu por agora téñoo claro.
Finalmente, a postura "organicionista" da UPG que é -en definitiva- quen a nuclea e lidera, é tamén unha postura resistencialista e egoista. Non encarnan unha suposta salvagarda de valores ou de principios que ostentaría a nosa organización senón que ven peligrar o seu poder de control do BNG ante o empuxe de Quin e da xente da que se está a rodear e utilizan as armas que poden para evitar isto. De feito, alí onde puideron condicionar o governo (mentendo aos "seus") fixérono, e máis se puideran... Por outra banda, non dubidarán en usar aos descontentos e aos outros partidos ao seu servizo. Estes últimos terán que escoller un día, espero que escollan ben.
En fin. Novos tempos, agardo.

sábado, setembro 03, 2005

NOVA ORLEANS

Por certo, nin que dicir ten o patético que resulta o Bush cos dous "ex" solicitando a solidariedade dos cidadáns americanos para atender o desastre de Nova Orleáns.

Efectivamente, semella que estamos ante o paradigma do xa tan comentado "Estado Policial" ou, mellor dito, "Estado preocupádevos-do-terrorismo-internacional-que-cos-ataques-invasións preventivas-xa-arreglo-o-meu". Mentres, o Estado de Benestar, o que responde cos recursos de todos ante desgracias coma esta e sobre todo no día a día, mantendo e construíndo institucións e igualdade, vai deixando de existir.

Algún día haberá que reflexionar máis a fondo do alcance da segunda victoria de Bush.

God bless America...

quinta-feira, setembro 01, 2005

DA BARBARIE

Lendo as novas sobre a catástrofe de Nova Orleáns, non poido evitar que me veñan a mente as situacións recreadas por Saramago en "Ensaio sobre a Cegueira" e as do filme "O Experimento".

Só pensar que iso pode estar sucedendo alí ou en moitos sitios do mundo, (que puidera acontecer tamén aquí, Por que non?), éncheme de arrepíos...

CAFÉ PARA TODOS

Eles téñeno claro, isto chámase ataque preventivo:

GALICIA.-Una reforma del Senado que rompa el principio de igualdad "haría estallar el sistema actual", según Blanco Valdés SANTANDER, 31 (EUROPA PRESS)
El catedrático de Derecho Constitucional de la Universidad de Santiago de Compostela Roberto Blanco Valdés aseguró hoy en Santander que cualquier reforma del Senado que rompa el principio de igualdad "haría estallar el sistema actual" y recordó que "ya se intentó introducir en 1978 y no funcionó". En declaraciones a Europa Press, Blanco Valdés hizo referencia concreta "al caso de Cataluña" que, según dijo, plantea "una posición distinta para cada comunidad autónoma". Blanco, que se muestra "radicalmente opuesto" a ello, afirmó que "todo esto haría saltar por los aires el Estado autonómico que funciona sobre la base de igualdad autonómica". El catedrático realizó estas afirmaciones momentos antes de intervenir en el ciclo sobre la 'Reforma constitucional' que organiza la Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), donde abordó una revisión de las distintas propuestas de reforma que se han barajado hasta ahora, a su juicio "muy poco definidas y muy poco concretas". En su opinión, estas propuestas se caracterizan "más por la afirmación de que hay que reformar el Senado que por la manifestación de formas concretas respecto de cómo hacerlo". "Se sigue insistiendo en el debate actual de la necesidad de reformar la Cámara pero se hacen pocas referencias", incidió. En relación a todo ello, Blanco consideró que el hecho de modificar el Senado para que los senadores sean elegidos por las comunidades autónomas "no solucionaría el problema" puesto que ello "no evitaría que los senadores se agrupasen con arreglo al criterio que ahora se agrupan que no es otro que el partidista".REFORMA BASADA EN TRES PILARES Ante esta situación, el catedrático planteó una propuesta de reforma de la Cámara basada en tres pilares. En primer lugar, los senadores "deberán ser elegidos por y al mismo tiempo que los parlamentos autonómicos, de manera que haya una constante relación entre ambos". En segundo lugar, Roberto Blanco Valdés plantea que el Senado "debería tener una composición relativamente proporcional a la distribución de la población" porque, en su opinión, "no puede ser que las desigualdades sigan siendo las que hay hoy en día". Finalmente, considera necesario introducir dos sistemas de votación distintos de modo que, por un lado, los senadores "votarían con su voto personal como hasta ahora aquellos temas que no se refiriesen a las comunidades autónomas" y, por otro lado, "una especie de voto comunitario que permitiese que los senadores de cada comunidad autónoma formasen su voluntad a través de un voto comunitario". 31/Ago/2005 20:46:40(EUROPA PRESS)08/31/20-46/05
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet