quinta-feira, novembro 24, 2005

Caixa Galicia perdonó casi 300 millones de pesetas al PP el año en que llegó al poder

Resulta certamente patético o que se agocha detrás do sistema democrático establecido. Non é unha crítica á "democracia burguesa" senón unha crítica a esa dose de pragmatismo que empapa á política e a sociedade actual.

Por certo, u-los medios galegos? ENCE, ENCE, ENCE...

quinta-feira, novembro 17, 2005

ASERTÍN

Non era difícil, a verdade, pero ao final houbo titular... tamén en La Opinión (e en ningún máis) cousa que me extraña bastante. En fin, non todo vai ser claro e diáfano.

terça-feira, novembro 15, 2005

APOSTA

Canto vai a que mañá somos titular no xornal zómbico "La Voz de Galicia" por esta notiña?

Ps. Permítanme os da va-ca usar a súa terminoloxía...

"PRESUNTOS INDEPENDENTISTAS"

Difícil de crer pero así comezaba un titular hoxe no informativo da Radio Galega: "Detidos 10 presuntos independentistas".
Estámosche ben... non teño porque negar que hai razóns legais para deter a esa xente; pero... ser indepedentista non é un delito.

Porque sempre teñen que deixar un regueiro de dúbidas...

sexta-feira, novembro 11, 2005

REFLEXIÓNS

Dúas cousas procedentes dun café agradábel con leitura no "Literarios" na Quintana:

- En "El País", entrevistan a un tal "Debray", intelectual francés que a miña iñorancia fai que non me sone de nada. Sinala que o problema de Francia é que se están perdendo os valores da República. Cando concreta prodúceme "urticaria". Segundo el ser francés xa non significa promoción social algunha dende que Francia perdeu o seu carácter imperial. Por iso agora os cidadáns buscan outros referente étnicos ou relixiosos. O que creo que non entende o señor Debreu é que o mundo no que nos tocou vivir ("tempo histórico") non valen as recetas republicanas tradicionais. O problema do republicanismo francés é que foi fundamentalmente imperialista e arrasou tódalas identidades equiparando Estado a Nación (xusto o que quer facer o PP). Poido concordar en que se están a debilitar algúns referentes e símbolos republicanos pero iso, dende o meu punto de vista, corríxese elevando a referente fundamental a carta dos dereitos humanos da ONU e a construíndo ben novas estructuras estatais (a saber: a UE). Non se soluciona desenterrando aos vellos imperios.

- Aínda non estamos preparados en Compostela para ser cidade Europea. Na cafetería sinalada, un turista pregunta se se pode sentar na terraza (que están a preparar). A camareira (unha rapaza nova) non pilota nin chisco de inglés e tampouco se esforza para recordar as catros frases que tivo que aprender na escola. Fala Español amodo e con xestos (pensando quizais, como un amigo meu do PP, que en Europa todo mundo debe e debería soñecer o español). Trata de explicarlle que ten que esperar un pouco a que preparen a terraza. O turista non entende pero ao final consegue pedir un café e algo máis e sae para fóra a esperar que rematen coa terraza. A camareira queixase do pesado que é o turista... Se eu fora o dono da cafetería teríao liberalmente claro: Ou aprendes inglés (eu cho pago: 4 horas a semana durante 2 meses para unhas nocións básicas) ou á puta rúa.

quinta-feira, novembro 10, 2005

SANTIAGO REY

O sesudo editor de La Voz de Galicia é sen dúbida o principal artífice e valedor na actualidade da ideoloxía "regionalista" en Galiza.

O seu discurso é tal que así:

- Galicia foi e está sendo marxinada por parte do Estado.
- A culpa desa marxinación é dos nacionalistas bascos e cataláns.
- Nós non podemos, por tanto, emular aos culpábeis da nosa marxinación. Temos que defender os nosos intereses que dependen única e exclusivamente de manter a actual estructura do Estado (e de acabar cos nacionalistas insolidarios).

É dicir, é o mesmo discurso de Bono, Ibarra e o seu amigo Paco Vázquez.

No plano ideolóxico é un discurso patético: faise unha proclama pseudo-romanticista de Galiza: a defensa abstracta da cultura, da paisaxe, as tradicións... Agora ben, cando chegamos a cuestións concretas como o idioma, este non existe para Santiago Rey. A defensa da lingua galega non é materia de debate posto que non caben imposicións no ideario do neo-regionalismo galego.

No plano da política económica é curioso: dase por feito, sen aportar a mínima proba empírica, que os intereses dos galegos son a antítese dos dos cataláns e os bascos pero coincidentes cos de Madrid. Só dende unha perspectiva dependente e sumisa se pode afirmar o anterior. E logo chámanse así mesmo liberais: se souberan o que é o Liberalismo...

En fin. O grave non é que existan personaxes desta caste, o grave é que teñan nas súas mans o principal medio de comunicación escrita do país.

segunda-feira, novembro 07, 2005

A responsabilidade de ser Nación (II)

Ufff! Pouco que engadir ao extraordinario artigo de Camilo en Vieiros.

sexta-feira, novembro 04, 2005

OS MEGAMONOPOLIOS: A FALACIA NEOLIBERAL



En relación ao interesante artigo de Mexuto, xornalista con quen non concordo en moitas cousas, recollo as miñas impresións iniciais:

Sobre a tendencia á concentración do capitalismo, como (creo que) ben sabe o autor, dixo algo Lenin hai unha chea de anos. Tampouco habería que preocuparse moito, pois o seguinte paso é obvio: nacionalizar os "mega-monopolios" que de facto xa esmagaron o famoso libre-mercado. Estariamos por tanto nesa fase superior previa ao socialismo que nunca da chegado.
Manifesto a miña admiración pola análise de Lenin e pola marxista en xeral. De verdade é de moita axuda para comprender o mundo que nos rodea. Mais as dinámicas socias non permiten só explicacións simples pois en si mesmo son complexas... o Determinismo morreu.
En segundo lugar... estou totalmente dacordo en que -efectivamente- o Neoliberalismo producíu auténticos baleiros democráticos como poñen de manifesto eses macro-monopolios dos que se falaba antes e que gozan dun inmenso poder sen lexitimidade algunha.
Creo que iso debe centrar boa parte da axenda do discurso da esquerda nos vindeiros tempos. Mais con recetas adaptadas aos tempos.

quarta-feira, novembro 02, 2005

L'ESTATUT CATALÁ

Apenas unhas liñas sobre o debate no congreso para admitir a trámite a reforma do estatuto catalán.

Os parlamentarios do PP, en plan ultra, estiveron en pé, aplaudindo, durante dous minutos. (Recórdame as asambleas dunha "fronte" que anda por aí...). Non cesaron na súa ovación cando Rajoy llo pideu, varias veces. Só o fixeron cando os da fila de diante, que "arroupan" ao "lider" do PP, sentaron nas súas bancadas.

Rajoy quentouse. Está feito todo un homiño. Ocórreseme que lle picou o hoxe sublime Carod cando -nunha mostra de brillantez- se dirixíu ao lider popular en galego. Galego. Esa lingua que Rajoy nunca falou non "porque no me gusta que se me imponga nada (sic)", senón porque é un señorito de Pontevedra, dos do casino, e así foi toda a vida. Un herdeiro dos do birrete, que vaia se existíu, (existe), e marcou (e marca), a historia contemporánea de Galiza.

Por último... bonito -ao igual que na proposta Basca- ver estes debates no parlamento hespañol.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet